Saturday 18 de May de 2024

O tráfico redúcese nun 75% nas principais vías da cidade


O descenso do tráfico en Alfonso Molina (dirección entrada) foi moi pronunciado, cun 76,28% menos de vehículos
A Concellería de Urbanismo, Infraestruturas e Mobilidade
informa de que, segundo os estudos que están a realizar desde o inicio do confinamento, o
tráfico descendeu nas principais vías da cidade nun 75% de media. A redución mínima no
tráfico rodado diario no termo municipal foi no acceso á cidade por Eirís cun 61%, e onde
máis despuntou foi na rúa Manuel Murguía cun 81,87% de descenso dos vehículos en
circulación. Mobilidade lembra que o estudo reflicte datos desde o pasado domingo día 15
ás 20.00 horas, momento en que entrou en vigor o estado de alarma decretado polo
Goberno central en todo o territorio nacional por mor da pandemia do COVID-19. Ademais,
o luns día 23 o Estado anunciou novas medidas restritivas para o desprazamento de
vehículos.
No caso da rolda de Outeiro, o tráfico pasou durante a primeira quincena de marzo de
soportar uns 22.539 vehículos diarios aos 5.361 na segunda quincena, o que supón un
descenso do 76,21%. Tamén é similar o descenso do tráfico en Alfonso Molina (dirección
entrada) cun 76,28% menos de vehículos. No caso da avenida de Arteixo, en dirección
saída, observouse unha redución da Intensidade Media Diaria (IMD) do 76,88%.
Canto á media diaria de entrada de vehículos na cidade (polas vías Alfonso Molina,
avda. De Fisterra, v14.- rolda do Deportivo da Coruña. Eirís, avda. de Salgado Torres e
avda. Do Exército) situouse na primeira quincena en 65.000 vehículos diarios, mentres que
na segunda os datos reflectiron una redución até os 17.326 vehículos diarios.
Polo que respecta á media diaria da saída de vehículos da cidade, a situación é semellante.
Nas mesmas estradas, na primeira quincena de marzo, as saídas de vehículos foron 76.780
de media, mentres que na segunda foron 19.724.